A enerxía entra na clase como nunca antes viras
Enerxía 3D é un proxecto pioneiro en España que pretende transmitir contidos dun xeito atractivo, novo e eficaz.
Trátase dunha ferramenta pedagóxica de gran utilidade co potencial preciso para chegar practicamente á totalidade da poboación escolar.
Un documental pedagóxico sobre a enerxía dirixido a escolares que se proxectará nos cines de España en horario lectivo.
Un vehículo inmellorable que, grazas á tecnoloxía do 3D estereoscópico e un potente guión de ficción, converte os contidos pedagóxicos tradicionais en situacións e imaxes de gran impacto visual, mellorando a asimilación e a perdurabilidade da mensaxe: a enerxía e os seus tipos, de onde vén, as súas características, como aforrala etc.
Vinculación ao temario académico
Dossier para profesorado e alumnado con materiais específicos para cada curso e adecuados ao temario oficial, que facilitarán o desenvolvemento do círculo educativo: traballo na clase, saída para ver o documental no cine e traballo posterior na aula.
Temática do documental que segue os contidos curriculares.
Os escolares aprenden que é a enerxía e como se debe utilizar adecuadamente, completando o seu proceso de aprendizaxe.