A primeira película pedagóxica en 3D sobre a enerxía e a maneira de aforrala.

Unha historia de amor como fiestra ao mundo da ciencia e da tecnoloxía

Da man de dous adolescentes, Álex e María, que viven a súa propia historia de amor, como a de miles de mozos e mozas que estudan nas nosas aulas, preséntanse os conceptos e aspectos máis importantes relativos á enerxía, as vías para xerala e as formas de consumila.

Os combustibles fósiles, a enerxía hidráulica, a solar, a eólica, a nuclear, as pilas de combustible ou o efecto invernadoiro, aparecen ante os ollos do alumnado dun xeito ameno e divulgativo e con toda a potencia do cine 3D.

A tecnoloxía máis avanzada ao servizo da educación

Energía 3D é parte dun proxecto global que pretende facilitar, coas tecnoloxías máis avanzadas, o traballo do persoal docente e do alumnado.

Un estudo recente demostra que a visión en 3D e en alta definición xera un 12% máis de atención que as imaxes en dúas dimensións ou na resolución habitual. A forza de inmersión das imaxes tridimensionais provoca unha maior implicación por parte dos espectadores que lles leva a poñer atención incluso nas imaxes periféricas. Enerxía 3D pon estes recursos ao servizo da educación.

E ademais...

Coa reserva da actividade facilitarémosvos un dossier pedagóxico para poder traballar na aula.
Os grupos escolares terán prezos especiais. Tanto a película como os dossiers pedagóxicos están dispoñibles en castellano, català, euskara e galego.
Agora podedes reservar a vostra sesión para este curso.



Unha coprodución de Antàrtida e o IDAE, ente público do Ministerio para a Transición Ecolóxica